As revoltas irmandiñas

Segundo o estudio de Julio Valdeón, a máis importante revolta antifeudal que tivo Castela na Baixa Idade Media, foi a revolta irmandiña.
Os primeiros conflitos foron nas cidades de señorio episcopal, pola loita que os composteláns viñan tendo pola autonomía.
No ano 1418, aproveitando a ausencia de Compostela do arcebispo, don Lope de Mendoza, créase unha irmandade en Santiago coa intención de garantizar a orde e a xustiza na cidade. Anda detrás destes movementos, Ruy Sánchez Moscoso, cabaleiro de Santiago, que ca súa influencia na corte de don Alvaro de Luna dirixe os desexos dos composteláns.
Estala a revolta de Santiago no 1422, onde Ruy Sánchez Moscoso encabeza un grupo de artesáns coas intencións de anular o señorío eclesiástico e converter a Santiago nunha cidade de realengo.




Nas mesmas datas, enfróntanse o bispo, os nobres e os burgueses na revolta de Ourense.
Nos últimos anos do século XIV, na cidade de Lugo, os burgueses, apoiados por un grupo de cabaleiros, encabezados polos Osorio de Lemos e os Ulloa de Monterroso, imponse ao bispo e usurpan os bens da igrexa.
Na diócese de Tui, os campesiños néganse a pagar a lutuosa ao cabildo e participan na revolta. No enfrontamento que tiveron despois do 1434 teñen o apoio dos habitantes das vilas de A Guardia e Baiona.

A chamada primeira guerra irmandiña foi a sublevación do 1431, nas terras dos Andrade. As abusivas exisencias de Nuño Freire de Andrade para cos habitantes das súas terras, desencadearon a revolta, que iniciada en Ferrol, propagouse rapidamente ao campo.
Os homes das bisbarras de Pontedeume e Vilalba, capitaneados polo fidalgo Rui Xordo, máis os que se lle uniron das zonas dos obispados de Mondoñedo e de Lugo, puxeron en tal apreto a Nuñez Freire que tivo que pedir axuda na corte a Juan II, que enviou coma mediadores ao arcebispo de Santiago e ao bispo de Cuenca.
En resposta os rebeldes atacaron Compostela, onde fracasaron ante as superiores forzas do arcebispo.
Recompoñeron as súas forzas e cercaron o castelo de Pontedeume porén, o correxidor García de Hoyos, desbaratou os seus plans.

Domada a revolta ven a dura represión. Os Andrade restablecen a súa posición coa axuda do arcebispo de Santiago e do correxidor real.
A crecente tensión social deste século estoupou e no 1466, comenzou a revolta.
En pouco tempo formase en Galiza un exército de homes de cidade e de campesiños. A Hermandade de Galiza xa fora creada anteriormente, a instancias de Alonso de Lanzós, cos representantes das cidades de Coruña, Betanzos e Ferrol.
O foco máis destacado foi o lucense, dirixido polos cabaleiros Pedro Osorio, Alonso de Lanzós e Diego de Lemos.

Despóis de ter éxito na cidade de Lugo, dispersáronse por distintos puntos e, con grupos filiais de Sarria e Monforte, fanse coa terra lucense.Tiñan coma obxetivo ao conde de Lemos e aos seus cabaleiros, en especial a Pardo de Cela.
Por outra banda, o foco do noroeste, Coruña, Betanzos e Ferrol, enfrontábanse aos Andrade, Mariñas e Moscoso. Tamén afectou á revolta os vales do Ulla, do Miño e as Rías.
Aínda que prisioneiro, o conde de Lemos, finalmente puido fuxir a Ponferrada e, prudentemente, pasaron a Portugal o arcebispo Fonseca e Pedro Alvarez de Soutomaior.

En case dous anos os irmandiños derrubaran unhas 130 torres e tiñan controlado o reino. Porén,  durou pouco. Pedro Alvarez de Soutomaior e o arcebispo Fonseca,  con Juan Pimentel, prepararon o contra-ataque.

Na primaveira do 69,  Pedro Alvarez de Soutomaior ven dende Portugal cun númeroso exército e non tardou en ocupar Pontevedra. Aínda que Santiago resistiu un par de meses máis nas terras dos Andrade a sorte dos irmandiños estaba botada.
Por aquel triunfo, que parecía definitivo, Enrique IV premiou aos nobres galegos con títulos.
Pero pronto comenzan as disensións por parte de Fonseca, que pretendía o beneficio exclusivo.
Complicanse as cousas coa aparición do conflito sucesorio e a guerra castela-portuguesa.
Unha parte da nobreza galega, incluído o arcebispo compostelán, inclinanse pola parte isabelina, namentres Pedro Madruga voltase a trabucar ao encabezar a causa lusa.
A centralización no emerxente novo estado moderno trouxo cambios profundos para os nobres galegos.

E coma exemplo expresivo, a cabeza de Pardo de Cela rodando na praza de Mondoñedo.

Os abusos de Juan de Paredes, xuíz de plantíos en Galiza


I
Galiza era un país rico en árbores de tódalas clases, sobre todo de carballos, a antiga árbore sagrado dos celtas.
Os carballos galegos eran moi apreciados para a construción de barcos, polo que foron destinados ás grandes construcións navais do imperio español, que estaba en guerra marítima con Inglaterra.
Durante dous anos, amais de surtir aos asteleiros galegos, saíron polos portos de Cedeira, Santa Marta de Ortigueira, Mondoñedo e Betanzos, ata catorce mil carros de madeira cara os asteleiros cántabros e vascos.




II

Felipe II, o organizador da burocracia do imperio español, envolviu aos bosques galegos na maraña da súa burocracia. Para o seu control creou ao  xuíz de plantíos e dehesas, cuxa xurisdición estendíase á maior parte de Galiza.
O xuíz máis arbitrario foi José Juan de Paredes. Os seus abusos de poder chegaban a prohibir os aproveitamentos da leña para facer lume, para amañar as casas ou facer ferramentas de labranza. Multaba por usar as cortezas das árbores para os curtidos, (chegou a lograr que se ditara unha disposición que anulaba un Real Decreto que autorizaba a zapateiros e curtidores a descortezar os carballos para usala para os curtidos), os troncos podres ou as pólas, ata das mesmas árbores que plantaban os propios labregos. Nin sequera deixaba levar a pastar ás cabras preto das fragas.


III

As cidades galegas fixeron unha campaña contra o xuíz, pero o poder central non tomou medida algunha contra os abusos de Paredes, que seguiu no seu cargo a pesares do expediente que lle abriu Francisco León y Luna e á protesta xeneral de Galiza.
Nin as cidades nin o Reino de Galiza volveron a insistir no asunto, quedando a conservación dos nosos montes no esquecemento durante longos anos.



España mal nacida

I

Ao longo do século XVI, unha das cidades mellor fortificadas e defendidas era a Coruña. Por aquel tempo a Coruña compoñíase de tres núcleos urbáns; no sudoeste da illa estaba erguida a Cidade Vella, que era a parte mellor amurallada e defendida. Entre ela e a terra firme, (que ao longo da lingua de terra cortaba un foso e unianse as augas da bahía e da ensenada do Orzán), estaba a parte baixa da cidade, a Pescadería, que aínda que tiña muros e fortificacións ao longo do foso, estaba exposta a un ataque polo mar dende a bahía e dende o Orzán. 
Xa en terra firme, no fondo da bahía coruñesa, estendíase o barrio pescador de Santa Lucía.




Cando Sir Francis Drake, (considerado o vencedor da Armada Invencible), atacou a Coruña, o goberno de Felipe II estivo inactivo completamente ante o ataque dos ingleses e, namentres a Coruña esperaba que aparecese o exército español, só viu aparecer xente de toda Galiza, Asturias e Portugal. Xente de terras veciñas que tiñan o mesmo risco de ser atacadas polos ingleses.
Drake acabou por zarpar coa súa flota ao non poder apoderarse da plaza da Coruña.

Uns anos despois, Charles Howard e o Conde Essex, que xa participara nos ataques de Drake á Coruña, organizaron unha frota para atacar as costas españolas.
A frota inglesa entrou na bahía de Cádiz, e despois de catorce horas de loita tomaron a cidade. Durante quince días os ingleses despoxaron ata das súas roupas aos habitantes e a cidade tivo que pagar un alto rescate.
Na viaxe de volta a Inglaterra saquearon a Fargo, unha cidade ao sur de Portugal, e O Conde Assex, animado por estes éxitos, quería entrar na bahía da Coruña, pero os seus asociados, lembrando a outra expedición, negábanse a navegar ao longo da costa galega e, de desembarcar ou de atacar á Coruña, non querían nin falar e só pedían voltar a Inglaterra.

II

A comezos do verán do 1809, cando a case totalidade das rexións do norte de España,(Navarra,País Vasco, Castilla la Vieja e León), estaban ocupadas polos franceses, o pobo galego, e con el o exército galego que se fixera para combatir ao invasor do seu pobo, descansaban dos esforzos que tiveran que facer para expulsar de Galiza aos que a tiñan ocupado para obrigarlles a non volver máis a pisar terra galega.


A finais de Xunio de 1809 o solo galego estaba ceibe de franceses. O corpo do exército de Soult, que tomou a dianteira na evacuación de Galiza sen presentar batalla, cruzou a fronteira galega por terras de Sanabria o 23 de Xunio; e un día antes marchara da Coruña o exército de Ney, que fora batido polas forzas galegas en Pontesampaio, (7-8 de Xunio).

Galiza e Andalucía foron as dúas rexións cuxas Xuntas de defensa organizaron coa maior prontitude e eficacia os exércitos capaces de conter aos franceses no campo de batalla.

En contraste con Galiza, Andalucía foi a rexión de España que se sometíu con máis facilidade e durante máis tempo aos franceses.

O Conde de Toreno, testimuña e historiador destes acontecementos, destaca a sumisión dos andaluces ao dominio francés: "Acogieron los andaluces a José mejor que los moradores de las demás partes del reino; y festejáronle, por cuyo buen recibimiento premió a muchos con destinos y condecoraciones".


Galiza, como leal can, leva séculos esperando unha caricia do seu amo, e este, en vez de caricias, písalle o rabo.

Esta España é unha mal nacida, pois é mal nacido quen é desagradecido.